novas

As Xuventudes Socialistas do Carballiño solicitan un estudo detallado da tala de árbores do Parque Municipal




miércoles, 10 de noviembre de 2010

O obxectivo da concellería de Medio Ambiente non repercutirán nas arcas municipais do concello, pero si nos diversos ecosistemas.

O Parque Municipal do Carballiño é un espacio destacado debido a ampla diversidade de especies que contén, polo que ‘o obxectivo do concelleiro de Medio Ambiente da vila é inadmisible e incoherente’ sinalan as Xuventudes Socialistas do Carballiño. O Parque carballiñés abrangue unha superficie de 39ha, donde se atopan arredor de 150 especies diferentes.

As Xuventudes Socialistas do Carballiño creen conveniente que Bernardo García, concelleiro de Medio Ambiente, debería de ter en conta tódolos factores nos que repercutirá este feito e presentar un estudo no que se verifique esta tala masiva de especies, e a súa conseguinte repoboación con castiñeiros e carballos. Dende o punto de vista ambiental ‘deberíase de garantir a conservación da biodiversidade e do patrimonio natural do municipio, así como previr o deterioro, protexer e mellorar o estado dos ecosistemas’ recalca Miriam Fernández, secretaria de Medio Ambiente das Xuventudes Socialistas do Carballiño. A eliminación das diversas especies non só conleva un impacto visual senón que produce a reducción e eliminación de ecosistemas.

Bernardo García asegurou que 'o parque carballiñés será exclusivo de árbores do país', polo que se entende que o que en principio sería a tala daquelas árbores que presentaban unha ameaza para a cidadanía e os inmobles próximos, se combertirá nunha tala masiva de especies. Máis do 75% das árbores existentes no Parque Municipal son de orixe foránea, polo que, se o concelleiro de Medio Ambiente leva a cabo o seu obxetivo, trataríase da recreación dun novo parque carballiñés, similar a moitos outros, xa que a diversidade sería apenas inexistente e todo aquilo polo que se loitou dende a súa creación verase desplomado.

As árbores calificadas de gran altitude e que hai que erradicar, como os eucaliptos ou secuoias xigantes, xa se viron reducidos a uns 20 exemplares, son das especies máis senlleiras do parque e algunhas de elas destacan pola súa rareza. O secretario xeral das Xuventudes Socialistas do Carballiño opina que ‘estamos de acordo en que o Parque Municipal sexa unha zona de paseo, deporte e esparcemento dos cidadáns, pero non se pode suprimir a riqueza da nosa vila, debemos conservar o noso medio ambiente non tratar de destruilo’.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved