novas

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DO CARBALLIÑO PRESENTAN UNHA CAMPAÑA QUE CREE NA XUVENTUDE COMO MOTOR DA VILA.




sábado, 30 de abril de 2011

As Xuventudes Socialistas do Carballiño presentan unha campaña na que a xuventude é a protagonista.

Dende as Xuventudes Socialistas “creemos na xuventude como motor do Carballiño”, por ise
motivo entre outros puxemos en marcha “Eu O carballiño”. Creemos que Carballiño ten un
estilo de vida diferente pola súa xente, o seus recursos naturais, o seu turismo a súas festas e
gastronomía, e sobre todo, creemos nos mozos e mozas da nosa vila.

A campaña tivo varias fases, a primeira consistiu en recoller inquedanzas da xuventude na
vila. Polo que puxemos a disposición diferentes canles de comunicación por email, Twitter,
Facebook, Tuenti, e tamén na rúa en diferentes feiras do Carballiño, apoiando a campaña con
carteis, camisetas e pins. Entre todas estas inquedanzas elaboramos un borrador de programa
xoven que presentamos ao candidato á Alcaldía do PSdeG, Paco Fumega. As ideas están
dirixidas a alcanzar un futuro mellor para a nosa vila, mediante actuacións e reivindicacións.
Queremos unha vila que sobresaia pola súa xestión, dinamicidade, innovación, infraestructuras,
etc, que axuden e motiven á xuventude.

E unha segunda fase na que analizamos todas estas propostas e comezamos a artellar un
vídeo que hoxe se pon en funcionamento por internet. A campaña “Eu creo no Carballiño”
pretende concienciar e apostar por un concello sostible, unha diversidade cultural, a formación
para conseguir un bo traballo, apoio os novos emprendedores, unha sanidade pública e
gratuíta, unha sociedade máis igualitaria, unha vida digna para os nosos maiores, aposta polo
deporte base, poder vivir no rural, unha vivenda digna o alcance todos, un turismo de calidade.

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas do Carballiño, Juan José Nogueira comenta “os
mozos e mozas da vila teñen ilusións, inquedanzas e gañas, e sobre todo saben que son o
motor da vila” e engade “nos cremos no Carballiño, apostemos pola xuventude creando foros
de debate, construíndo espazos alternativos de ocio e deporte, mellorando a súa mobilidade
para estudar, en definitiva máis participación”. Tamén reafirma a importancia e o compromiso
destas campañas “con campañas coma esta recollemos a voz da rúa e canalizámola cara as
políticas locais de xuventude”.

As Xuventudes agradecemos a acollida desta iniciativa, e temos que dar as GRAZAS con
maiusculas a todos os mozas e mozos da vila.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved