novas

MANIFESTO DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS DO CARBALLIÑO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA TERRA




jueves, 21 de abril de 2011


O 22 de abril celébrase o Día Mundial da Terra, unha data na que o mundo enteiro está convidado a reflexionar e movilizarse por un planeta mellor.


Durante décadas dependimos dos recursos da natureza para o noso sustento, benestar e desnvolvemento. Abusamos en gran medida da natureza e agora estamos a vivir as consecuencias.


Para enfrentarnos a problemas ambientais como a contaminación, o cambio climático e a conservación da biodiversidade, é necesario o compromiso individual e de organismos de goberno. Débese impulsar a eficiencia energética, o reciclaxe, a disminución de emisións contaminantes e o fomento das enerxías renovables.


Dende as Xuventudes Socialistas do Carballiño animamos á xente a contribuír a salvar o planeta, “non debemos ser egoístas, a natureza sempre nos diu recursos e agora necesita a nosa axuda”.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved