novas

As Xuventudes Socialistas do Carballiño piden explicacións ao secretario comarcal do PP, Argimiro Marnotes, sobre o servizo do Noitebús na comarca.




viernes, 15 de octubre de 2010

As xuventudes presentan no rexistro do concello do Carballiño unha instancia con preguntas referentes ás 7 liñas de noitebús que ten a comarca.

O obxectivo principal destas liñas é previr posibles accidentes viais aos que se arriscan os xóvenes ao desprazarse ás “zonas de marcha”, permitir aos mozos e mozas do rural un medio de transporte esencial e aos que non poseen coche e/ou carné de conducir facilitarlle unha alternativa. Na nosa comarca temos 7 liñas en funcionamento do Noitebús, dende As Laxas, Ribadavia, Barbantes, Beariz, San Cristovo de Cea, Lalín e Ourense, todas elas ata Carballiño. Este servizo é de vital importancia na comarca, debido a pésima comunicación e dispersión da poboación existente, que unido a unhas carreteras secundarias obsoletas e de complicado tránsito, sobre todo en inverno, fan que a viaxe ata a nosa vila do Carballiño poida ser perigosa.

As Xuventudes Socialistas do Carballiño reclaman ao goberno de Feijoo non prescindir de este dereito fundental, e reglaman a Argimiro Marnotes, secretario comarcal do Carballiño que se posicione e dea respostas ás inquedanzas dos mozos e mozas; e conteste ás preguntas que as Xuventudes Socialistas do Carballiño faran chegar, mediante rexistro, ao secretario comarcal do PP no Carballiño para que aclare que pasará co servizo nun futuro inmediato.

O Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas do Carballiño, Juan José Nogueira, insiste en que “Feijoo non se debe de preocupar do desgaste pola austeridade, nin que houbera entrado no peor momento a gobernar a Xunta – como resalta o propio Nuñez Feijoo-, un presidente de Galicia debe de velar polo ben da sociedade, entre ela a xuventude, e non suprimir un servicio fundamental, como é o Noitebús, que ata o de agora leva evitado una “notable” reducción de accidentes”. Dende As Xuventudes Socialistas do Carballiño pídeselle ao presidente da Xunta que se plantee a situación real que está a vivir Galicia e deixe de despilfarrar os cartos en campañas publicitarias, como a das preferencias lingüísticas ou a do Decreto do Galego, e a visita do Papa. Non existe comparación entre a visita dun “líder” que representa un gasto de 3 millóns de euros, por tan só oito horas, e o mantemento do Noitebús, cun coste de 4.5 millóns de euros ó ano, e que utiliza boa parte da xuventude de Galicia. Por favor, Feijoo, baixe do feijomóvil e asuma as súas responsabilidades como presidente.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved