novas

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DO CARBALLIÑO DENUNCIAN A MARXINACIÓN QUE SOFRE O CARBALLIÑO NAS SÚAS REDES DE TRANSPORTE




lunes, 3 de junio de 2013

As Xuventudes Socialistas do Carballiño manifestan a discriminación que tanto o Goberno do Estado co beneplácito da Xunta como Adif están a facer co servicio ferroviario. Moitos cidadáns da vila, a mayoría estudantes, acuden á estación de ferrocarril para viaxar cada semana a Santiago de Compostela.

Así, dende as Xuventudes Socialistas do Carballiño denunciase que o goberno da vila non tomara cartas no asunto antes, e evitara esta situación á que chegamos. Fai dous meses que  o alcalde, Argimiro Marnotes, dixo que ía a solicitar “información oficial” sobre a reducción do servizo, porque existían rumores sobre o tema. “É escandaloso que o gobernó da vila, non se faga eco dos problemas da vila, xa que esta situación víñase arrastrando dende fai un ano, cando se comezaron a suprimir liñas e cambiar horarios comentou Miriam Fernández, Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas do Carballiño.

Por outro lado, solicítase que dende o concello se tome o papel de defender aos cidadáns e os seus dereitos, e se busquen solucións, para que as persoas que utilicen este transporte poidan seguir usándoo.

“Non podemos aplaudir que se nos prive aos xóvenes de estudar tan só por non ter desprazamento, xa que o coste para ir a Santiago incrementaríase 3 veces máis en ir a Ourense e coller un tren alí” dí Miriam Fernández.

Para rematar, puntualizan que para viaxar calquer día a Santiago dende O Carballiño estamos suxeitos a un limitado horario, e por iso reclaman ao goberno municipal que se manifesten e que se propoña unha solución que non inflúa na economía dos cidadáns.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved