Somos o presente e o futuro, defendemos os nosos dereitos e loitamos por evolucionar na nosa sociedade. Queremos que se nos escoite, xuntos podemos facer realidade os nosos soños ... Aínda que somos xóvenes, sabemos o que queremos, e non deixaremos que nos pasen por enriba.

novas

Quén somos?




Xuventudes Socialistas de Carballiño é una organización de mozos e mozas que cremos na democracia, na paz e na igualdade.

Queremos una xuventude crítica e participativa, capaz de participar activamente, como cidadáns de pleno dereito que son, na construcción dunha sociedade mellor, e especialmente na elaboración e posta en marcha das políticas que nos afectan directamente.

Temos claro que o futuro é noso, pero o presente, o día a día que vivimos, tamén nos pertenece, e cremos que a xuventude habemos de ser parte activa de ese presente do que tamén queremos e debemos ser protagonistas.

Defendemos una concepción integral e transversal das políticas da xuventude, que recolla solución e respostas a todas e cada una das inquietudes, preocupacións e problemas da mocidade da nosa comarca.

Cremos nos valores democráticos que heredamos, na transformación da sociedade cara o progreso de todos e de todas por igual, con maior cohesión social, inclusión e interculturalidade.

Queremos unha maioría social xoven que sexa a protagonista na calle, e o motor da participación que permita a consolidación do cambio social que estamos vivindo.  Cremos firmemente na mocidade, e por iso traballamos por e para eles.
 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved